COMO CHE PODEMOS AXUDAR?
DISTRIBUCIÓN
Ofrecémosche unha gran variedade de produtos e marcas, desde embutidos ata o produto español por excelencia e a que é nosa maior especialidade: o xamón.
Encargámonos de que cada produto Distega que elixas sexa de máxima calidade, de que encaixe perfectamente co teu negocio e de que che chegue nun dicir amén.
Se buscas un provedor profesional, que che axude a vender os mellores produtos do mercado, que che asesore cando máis o necesites e ofrézache un servizo rápido e eficiente… Non o dubides,
DISTEGA é a túa solución.
ESTRATEXIA
Tes unha marxe de beneficio insuficiente na venda dos teus produtos? Cos produtos Distega deixarás de preocuparche por este asunto.
Asegurámosche exclusividade de produto na zona para que poidas gañarlle o máximo posible e que o teu negocio sexa o único que conte con el, xerando así unha alta fidelización do público consumidor dos produtos Distega.
MARKETING
- Carteis informativos onde se dará a coñecer o produto
- Proba de produto con realización de degustacións no teu negocio, para dar notoriedade tanto á túa marca como á nosa, converténdonos así nos teus socios estratéxicos.
- Ofertas lóstrego cando o produto estea xa asentado, podendo captar así a un público diferente e aumentando as túas vendas.
EXPERIENCIAS
Organizamos eventos, catas e degustacións para que os teus clientes coñezan o produto.
FORMACIÓN
Se che apaixona o mundo do xamón tanto como a nós, ofrecémosche a oportunidade de aprender todo o relacionado con iso, habilitando cursos de corte a diferentes niveis nas nosas instalacións, perfectamente adaptadas a este tipo de eventos.
- Corte de xamón nivel amateur
- Corte de xamón nivel profesional
- Loncheado manual
- Loncheado eventos
FALAMOS?
Enche o formulario poñerémonos en contacto contigo en cuestión de horas.