distega-distribuciones-fachada

COMO CHE PODEMOS AXUDAR?

distribucion

DISTRIBUCIÓN

Ofrecémosche unha gran variedade de produtos e marcas, desde embutidos ata o produto español por excelencia e a que é nosa maior especialidade: o xamón.
Encargámonos de que cada produto Distega que elixas sexa de máxima calidade, de que encaixe perfectamente co teu negocio e de que che chegue nun dicir amén.
Se buscas un provedor profesional, que che axude a vender os mellores produtos do mercado, que che asesore cando máis o necesites e ofrézache un servizo rápido e eficiente… Non o dubides,
DISTEGA é a túa solución.

ESTRATEXIA

Tes unha marxe de beneficio insuficiente na venda dos teus produtos? Cos produtos Distega deixarás de preocuparche por este asunto.
Asegurámosche exclusividade de produto na zona para que poidas gañarlle o máximo posible e que o teu negocio sexa o único que conte con el, xerando así unha alta fidelización do público consumidor dos produtos Distega.

estrategia
punto-de-venta-prueba

MARKETING

Ademais de fornecer o teu negocio con produtos exclusivos e de alta calidade, ofrecémosche axuda para vendelos, con técnicas de fidelización e de introdución do produto no teu propio establecemento:
  • Carteis informativos onde se dará a coñecer o produto
  • Proba de produto con realización de degustacións no teu negocio, para dar notoriedade tanto á túa marca como á nosa, converténdonos así nos teus socios estratéxicos.
  • Ofertas lóstrego cando o produto estea xa asentado, podendo captar así a un público diferente e aumentando as túas vendas.

EXPERIENCIAS

Organizamos eventos, catas e degustacións para que os teus clientes coñezan o produto.

experiencias
formacion

FORMACIÓN

Se che apaixona o mundo do xamón tanto como a nós, ofrecémosche a oportunidade de aprender todo o relacionado con iso, habilitando cursos de corte a diferentes niveis nas nosas instalacións, perfectamente adaptadas a este tipo de eventos.

  • Corte de xamón nivel amateur
  • Corte de xamón nivel profesional
  • Loncheado manual
  • Loncheado eventos

FALAMOS?

Enche o formulario poñerémonos en contacto contigo en cuestión de horas.

Os datos serán recolleitos para xestionar a axenda de contacto para comunicacións propias do negocio establecido, accións promocionais polo responsable dos ficheiros (situados en territorio da unión europea) que é Dionisio Tenente Yáñez (NUMERO CIF). Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade. Podes consultar, rectificar ou cancelar os teus datos dirixíndoche ao responsable do ficheiro mediante correo electrónico na dirección administracion@distega.es.